top of page

Lugo Monumental repartirá 1.000 euros en premios á animación de rúa no Antroido


  • A asociación convoca o VII Premio Lugo Monumental de Animación de Rúa, unha cita xa consolidada para atraer ao centro histórico ás cuadrillas que celebran o Antroido.

  • Entregaranse 1.000 euros en tres premios ás comparsas que máis animen o centro histórico da cidade.

Lugo Monumental convoca no día de hoxe o VII Premio Lugo Monumental de Animación de Rúa, que terá lugar entre os días 1 e 5 de marzo coa colaboración de 27 locais do centro histórico.

Como todos os anos, este premio está pensado para atraer ao centro ás cuadrillas que celebran o Antroido e que enchen as rúas do colorido, a música, e por que non, a irreverencia propia desta época.

Tal e como recollen as bases publicadas hoxe, entenderase como “animación” calquera actividade que as agrupacións participantes consideren oportuna (música, teatro, monicreques, monólogos, maxia, xogos infantís…) e que contribúa a crear diversión e ambiente rueiro no centro histórico de Lugo. Poderanse ter en conta as mellores cancións, disfraces ou presentacións, pero o que máis pesará será a animación creada nas rúas do centro.

Como inscribirse? É moi sinxelo:

  1. Para optar ao premio os participantes deberán inscribirse no formulario que será facilitado pola organización e que poderán descargar da web www.lugomonumental.es.

  2. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe e finalizará o día 28 de febreiro ás 24:00 horas. A Organización se reserva a facultade de prorrogar o prazo de inscrición se aprecia circunstancias que xustifiquen esa decisión.

  3. Lugar: Aceptaranse as inscricións presentadas en:

  4. Calquera dos locais participantes na iniciativa (se xunta relación).

  5. Remitidas por correo electrónico á dirección de correo electrónico asociacion@lugomonumental.es.

  6. Representatividade: Cada agrupación designará a un representante, que será o único interlocutor válido coa Organización para todos os efectos. En caso de resultar premiada, a agrupación faculta expresamente ao representante para recoller o premio obtido.

Que premios hai?

Poderán obterse tres premios:

  • 1º Premio: vales por importe de 600,00 euros

  • 2º Premio vales por importe de 300,00 euros

  • 3º Premio vales por importe de 100,00 euros

Os premios entregaranse en vales de 50,00 euros trocables nas empresas participantes nesta iniciativa e nos asociados a Lugo Monumental.

Quen vota aos grupos?

Os 27 locais participantes son os que emitirán os seus votos, polo que é importante que os grupos se centren en animar as zonas onde se sitúan os 27 xuíces. Entregaráselles unha listaxe de locais con dereito a voto, que figuran nas bases da convocatoria.


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
No hay tags aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page