top of page

Os nenos de Lugo poderán ‘‘asustar’’ aos comerciantes na nova edición do Truco ou Trato


  • No ano 2019 fíxose por vez primeira o Truco o Trato do casco histórico, cun excepcional éxito entre os máis cativos. A Pandemia fixo que se aprazase a edición de 2020, que lamentablemente tivemos que anular polas posteriores circunstancias, pero este ano volta esta marabillosa actividade.

  • Os días 29 e 30 de outubro (venres e sábado) medio centenar de establecementos repartirán doces de xeito gratuíto aos nenos de Lugo que os queiran visitar, e para recollelos regalarán tamén máis de medio millar de cestas de cabaza.

  • Na praza do Campo Castelo, grazas á colaboración de Ajuar Decoración, estará instalado un fondo para facerse fotografías no escaparate deste comercio.

A pandemia fixo que a edición do 2020 do Truco ou Trato se aprazase e, despois, se suspendese por mor da situación sanitaria. Neste momento, a case normalidade que vivimos fai que recuperemos unha actividade que no 2019 foi un éxito rotundo: o Truco ou Trato.


O funcionamento non pode ser máis sinxelo: medio centenar de establecementos repartirán doces de xeito gratuíto aos nenos de Lugo que os queiran visitar, e para recollelos regalarán tamén máis de medio millar de cestas de cabaza. Cada local entregará uns poucos caramelos xa que ao ser tanto establecementos non tería sentido facelo doutro xeito e a idea é que os nenos visiten o maior número posible.


  • Listaxe de establecementos

    • Mañá xoves publicarase na web www.lugomonumental.es un plano de situación dos establecementos participantes.

  • Días e horarios:

    • Xa que o día 31 cae en domingo e a maioría dos locais están pechados, farase o truco ou trato os días 29 e 30 de outubro (venres e sábado).

    • Os horarios serán os de cada establecemento.

  • ¿Os nenos teñen que estar disfrazados?

    • Non, entregaranse os doces a todos os nenos que visiten os establecementos, se ben recomendamos que se disfracen para que se divirtan máis.

  • É necesaria inscrición?

    • Non. Os nenos simplemente teñen que ir aos establecementos e “ameazar” ao persoal coa clásica frase: “TRUCO OU TRATO”, e terán así os seus doces.



Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
No hay tags aún.
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page